::ludens a treu!::

13638.jpgAlegre rebeldía musical e visual para os últimos días do ano no Centro Social Autoxestionado a treu! [ r/san Xosé nº2(baixo) :: Montealto-A Coruña ]. E sen apokinar entrada kamarada! ***importante: non esquezas avisar ás túas oitenta mellores amigas.
-

31D[ecembro]/1X[aneiro] festa fin-de-ano: muito mais que 365 causas para cambiar/mudar/trocar/destruir/deconstruir o sistema preceden-nos... comeza o ano ao ritmo do conflicto e o desexo do común.

Música e visuais: Dj's Nomepisesofreghao, Dj's Invissiveis, Dj's Olholivre, Dj LS_0

-

A máis, o sábado 29 a partir das 21:00h, o gran leo i arremecaghoná presentará o seu espectáculo multimedia hai cú.

Chuzame! chuzame -

::O soño checo [Gran Cinema Prekario]::

utek1.jpg[Este mércores 12 ás 16:30h no salón de actos da faculdade de socioloxía]

Escolma de textos sobre guerrilla da comunicación.

-

No ano 2004, dúas estudantes da escola de cine de Praga realizan como traballo de fin de carreira unha campaña publicitaria na que se alenta á poboación a non consumir, a non gastar, a odiar aos supermecados... todo isto como lema dun novo hipermercado que non existe, toda unha mostra de como a ciencia está ao servizo do espectáculo e de como este é capaz de manexar as nosas emocións.

-

A proxección e a cativa escolma de textos sirven como achegamento a segmentos das prácticas antagonistas que percorren o globo da información e o coñecemento.

Chuzame! chuzame -

::Palestra no CS a treu!|Observatorio Metropolitano e Axencia de Asuntos Precarios [Madrid]::

13426.jpgEste martes 11 ás 20:30h no CS a treu!

-

Presentación dos traballos desenvoltos pola Axencia de Asuntos Precarios [http://www.sindominio.net/karakola/spipekka/] e o Observatorio Metropolitano de Madrid [http://areaciega.net/index.php/plain/observatorio].

-

O Observatorio Metropolitano de Madrid é un laboratorio colectivo que vén problematizando as mutacións vivenciadas pola metrópole madrileña na era das cidades globais. Fai pouco máis de un mes que veñen de publicar o libro Madrid, ¿La suma de todos? Globalización, territorio, desigualdad na editorial Traficantes de Sueños; unha exhaustiva exposición de análises sobre xestión do consumo do territorio, fronteiras intrametropolitanas, migracións, movementos veciñais, as vicisitudes da contracultura, etc. no contexto dun Madrid global e os seus devires dentro do escenario xeopolítico internacional.

-

Un proxecto moi potente e sumamente interesante para inspirar o trazado do noso primeiro proxecto de investigación*formación autónoma: sociedade de control.

-

Máis info e referencias en: http://galiza.indymedia.org/gz/2007/12/13425.shtml

Chuzame! chuzame -

::The Take [Gran Cinema Prekario]::

the_take_2.jpg[Este mércores 5 ás 16:30 no salón de actos da faculdade de socioloxía]

Escolma de textos sobre o movemento de fábricas recuperadas na Arxentina.

.

Como todo canto é tocado pola variña máxica de Naomi Klein, The take é unha cinta recoñecida universalmente. A maior representante da escrita pop contemporanea; autora do best-seller mundial No logo. O poder das marcas [2002] e o máis recente A doutrina do shock. O auxe do capitalismo do desastre [2007], imprime neste documetario sobre as fábricas recuperadas elementos de narrativa fílmica extrapolados dos seus ensaios e traballos xornalísticos.

.

2001. Arxentina. Tres ducias de obreiros desempregados, a fábrica pechada... "ocupar, resistir e producir!".

Chuzame! chuzame -

::Lavorare con lentezza - Rado Alice 100.6MHz[Gran Cinema Prekario]::

44.jpg[Este mércores 28 ás 16:30 no salón de actos da faculdade de socioloxía]

Escolma de textos sobre Radio Alice, as radios libres e o movemento do 77 italiano.

-

Descoñecido para moitas, ocultado, o movemento do 77 italiano significa a culminación da década de máis potente creación político-existencial do século XX. Rexeite da ética do traballo, sexualidades con novos prismas, necesidade de comunismo, radios libres, centros sociais okupados, a explosión da clase, o enfrontamento radical dun novo proletariado coa esquerda histórica italiana... demasiado para unha soa cinta. Con todo, Lavorare con lentezza radiografía boa parte desta mutación antropolóxica, na que precisamente todos os predicados do animal humano pasaron a ser subsumidos no modo de producción postfordista.
Polas ondas hertzianas de Radio Alice fluía a vida da Boloña do 77. Desde as rúas chegaban as narracións das protagonistas da guerrilla urbana. As chamadas entraban directamente, sen filtros; as máis fermosas palabras de subversión ou os insultos a aquelas que sacudiron o mundo.

-

A proxección e a cativa escolma de textos coa que a acompañamos pretenden orientar a aquelas que se achegan por primeira vez ás delicias da profunda experiencia colectiva do 77.

 

Chuzame! chuzame -

::O espíritu de maio do 68, extractos dunha película que debíu existir [Gran Cinema Prekario]::

paris17.JPG[Este mércores 21 ás 16:30 no salón de actos da faculdade de socioloxía]

Escolma de textos sobre o maio do 68 francés

-

É difícil falar de UN maio do 68, se algo foi xustamente ao que se enfrentou a xeración francesa do 68 -nesas décadas tolas dos 60 e os 70, onde o mundo estaba patas arriba e a desobediencia se expresaba de forma global- foi a un certo tipo de mundo único, de visión absoluta das cousas, a un home unidimensional en resumo. Este documental ofrécenos entón -nun esforzo por fuxir desa visión única dos acontecementos- a posibilidade de achegarnos ás voces que percorrían as rúas, universidades e fábricas da época. Discusións entre gaullistas e revolucionarios. Manifestacións. Comités universitarios. Debates e asembleas públicas. Testemuñas que axudan a comprender mellor esa irrupción do máxico no cotián que supuxeron aqueles días que non só cambiaron o mundo, senón que tamén existiron -ou viceversa.

-

Acompañamos a proxección cunha escolma de textos que nos transportan ata a propia Sorbona... Delicioso.

Chuzame! chuzame -

::Gran Cinema Prekario|programación outono07::

cartazbloguecineoutono.png As prekis da UdC xa temos cinema propio, e de balde! O vindeiro mércores 21 bota a andar o Gran Cinema Prekario. Eis a programación para este outono:

.

-21 novembro>o espíritu de maio do 68|W.klein|1968|98′

-28 novembro>lavorare con lentezza|G.Chiesa|2004|111′

-05 decembro>a toma|A.Lewis+N.Klein|2004|87′

-12 decembro>o soño checo|V.Klusák+ F.Remunda|2004|86′

.

*As proxeccións serán os mércores indicados a partir das 16:30h no salón de actos da faculdade de socioloxía.

.

Acompañaremos cada proxección cunha cativa escolma de textos [sobre o maio do 68, o movemento do 77 italiano, o movemento de empresas recuperadas na arxentina e guerrilla da comunicación] que poderás descargar desde o blogue.

Para dúbidas ou suxestións: contacta

Chuzame! chuzame -

::Compostela|Crónica sobre os últimos devires do movemento estudantil::

josefa_doval.png

Se ben desde Queerunha seguimos con moita curiosidade e admiración o movemento estudantil compostelán xa durante o pasado curso, achamos especialmente apaixoantes os acontecementos do último mes. Radical autonomía, inmediatismo, reflexións ao redor da autoxestión do coñecemento... eis unha crónica desde dentro do movemento por Josefa Doval; traballadora sexual i estudante de Ciencias Políticas na veciña Universidade Santander Central Hispano |UsC[h].

-

 

O movimento estudantil, segue, desde o seu nacemento, estancado no eterno conformismo, pero non tanto un conformismo de aceptación, senón de continuo silencio, un silencio só roto no momento en que a comunidade estudantil sofre unha agresión directa, como agresión debemos entender leis universitarias, poucas cousas máis considerará como graves... [Ler+]

Chuzame! chuzame -

::proxecto|sociedade de control[presentación]::

controldeseñoPresentamos o noso primeiro proxecto de formación*investigación autónoma; sociedade de control. Comeza o éxodo.

Asembleas abertas todos os xoves ás 20:00h no CS A Treu!

r/san Xosé nº2(baixo)

Montealto-A Coruña

|PDF|galego

|PDF|castellano

QUE TEÑEN EN COMÚN CÁRCERE, escola, fábrica, cuartel e hospital? A individualización, a vixianza e o disciplinamento dos corpos ante o Ollo do Poder. Os seus respectivos espazos articúlanse en dous ambientes. Por un lado, un lugar elevado, desde o que o poder observa (arquitectura panóptica; a torre central no cárcere, a tarima na aula). Do outro, un espazo no que os individuos son ubicados aislados uns dos outros, pero enfrentados á visión do poder (na cela, no pupitre, no posto de traballo). Esta era a tese de Michel Foucault en 1975; que estas arquitecturas se levantaban para producir individuos dóciles e disciplinados, pero tamén algo máis. O método empregado era dobre: vixiar e castigar. O castigo debe entenderse no seu senso etimolóxico máis literal. Vén do latín castigare, isto é; castus (casto) e agere (facer). En última instancia, a máquina disciplinaria exercía un poder que buscaba producir normalidade (facer casto). Mediante o castigo e a observación desexa producir suxeitos “normais” ou, dito doutro modo, dominar mediante a normalización. [Ler+]

Chuzame! chuzame -
  • Asemblea de precarias en formación

    A Corunha universidade-metrópole
    Creative Commons License