::Semana de actividades pola cultura libre e os espazos liberados::

cartaz_cultura_ok1.jpg
[A Cultura Pre_O[k]upa|do 14 ao 23 de marzo|Montealto - Coruña - GZ]
-
Teatro, obradoiros, música ao vivo, autoxestión, asembleas, cine, cabaret, reciclaxe, arquitectura social, graffiti, etc.
-
Comeza o venres 14 de marzo a partir das 19:00, no Campo da Leña[Montealto], unha semana de actividades pola cultura libre e os espazos liberados; un laboratorio do social, da participación no público, impulsado por activistas de diferentes colectivos da cidade.
-
"...só dicir que é posible que isto sexa temporal; que todo quede nun intento inxenuo de explicitar a diferencia. Duas semanas de actividades e cultura nas que poder dicir que os cidadáns por fin non fomos asistidos. Que o movimento existe é está inmerso na cidade.
En todo caso, sempre será a montaxe inestable do sempre anhelado outro-mundo posibel."
-
+info da inciativa en:
A Cultura Pre_O[k]upa | http://aculturapreokupa.blogaliza.org/
CMI Galiza | http://galiza.indymedia.org

Chuzame! chuzame -

::ludens a treu!::

13638.jpgAlegre rebeldía musical e visual para os últimos días do ano no Centro Social Autoxestionado a treu! [ r/san Xosé nº2(baixo) :: Montealto-A Coruña ]. E sen apokinar entrada kamarada! ***importante: non esquezas avisar ás túas oitenta mellores amigas.
-

31D[ecembro]/1X[aneiro] festa fin-de-ano: muito mais que 365 causas para cambiar/mudar/trocar/destruir/deconstruir o sistema preceden-nos... comeza o ano ao ritmo do conflicto e o desexo do común.

Música e visuais: Dj's Nomepisesofreghao, Dj's Invissiveis, Dj's Olholivre, Dj LS_0

-

A máis, o sábado 29 a partir das 21:00h, o gran leo i arremecaghoná presentará o seu espectáculo multimedia hai cú.

Chuzame! chuzame -

::Palestra no CS a treu!|Observatorio Metropolitano e Axencia de Asuntos Precarios [Madrid]::

13426.jpgEste martes 11 ás 20:30h no CS a treu!

-

Presentación dos traballos desenvoltos pola Axencia de Asuntos Precarios [http://www.sindominio.net/karakola/spipekka/] e o Observatorio Metropolitano de Madrid [http://areaciega.net/index.php/plain/observatorio].

-

O Observatorio Metropolitano de Madrid é un laboratorio colectivo que vén problematizando as mutacións vivenciadas pola metrópole madrileña na era das cidades globais. Fai pouco máis de un mes que veñen de publicar o libro Madrid, ¿La suma de todos? Globalización, territorio, desigualdad na editorial Traficantes de Sueños; unha exhaustiva exposición de análises sobre xestión do consumo do territorio, fronteiras intrametropolitanas, migracións, movementos veciñais, as vicisitudes da contracultura, etc. no contexto dun Madrid global e os seus devires dentro do escenario xeopolítico internacional.

-

Un proxecto moi potente e sumamente interesante para inspirar o trazado do noso primeiro proxecto de investigación*formación autónoma: sociedade de control.

-

Máis info e referencias en: http://galiza.indymedia.org/gz/2007/12/13425.shtml

Chuzame! chuzame -
  • Asemblea de precarias en formación

    A Corunha universidade-metrópole
    Creative Commons License