::Seminario|A globalización en crise. Control, gubernamentalidade e movementos sociais::

cartazblogue.png
[pdf en galego] A globalización en crise. Control, gubernamentabilidade e movementos sociais.
[pdf en portugués] A globalização em crise. Controle, governamentabilidade e movimentos sociais.
[pdf en castelán] La globalización en crisis. Control, gubernamentabilidad y movimientos sociales.
[tríptico]
[Imaxes] Cativa fotoreportaxe do seminario.
-
Seminario autoxestionado (1 Crédito de libre configuración)
18 e 25 de abril
Campus de Elviña, A Coruña
-
Intro:
-
A actual globalización dos sistemas de educación superior ameaza con anular todo espazo de crítica e disenso; a tecnocratización dos contidos, a elevada precarización de estudantes e investigadores, os réximes de propiedade intelectual privativos e as complexas xerarquías obstaculizan gravemente as posibilidades de oposición e alternativa á universidade neoliberal.
A complicada apertura dese espazo político outro, no que producir un saber común a partir do noso desexo de autonomía, horizontalidade e participación, anima esta asemblea desde comezos do presente ano académico.
Para os días 18 e 25 de abril temos introducido na oferta formativa do campus unha pequena interferencia, a nosa primeira experiencia de autoformación; "A globalización en crise. Control, gubernamentabilidade e movementos sociais", un seminario adicado ao mapeo dos territorios e as lóxicas da sociedade de control contemporánea e os novos movementos sociais que desde ela interrogamos as nosas posibilidades.
-
Programa:
-
Venres 18 de abril. Faculdade de Dereito, Aula 5:
-
9:30 - 10:30 Conferencia inaugural: Apertura e creatividade: a historia do ser humano.
José Antonio Fernández de Rota, Catedrático de Antropoloxía da UDC.
O ser máis incontrolado do praneta sustituiu os instintos polas moito complexas redes do control social. O control e as súas correspondentes iniciativas de resistencia, unhas e outras son unha mostra clara da creatividade humana, da súa apertura radical. Esta conferencia tratará de buscar as relacións existentes entre creatividade e libertade.
-
10:30 - 12:00 Poder e contestación (de Foucault a Tarrío).
Luis García Soto. Profesor Titular de Filosofía Moral na Universidade de Compostela.
Segundo Foucault, na sociedade occidental contemporánea dáse un novo tipo (Biopoder) e unhas novas formas (regulacións, disciplinas, dispositivos) de poder, que se suman ao tipo (poder de morte) e as formas (poder militar, poder ideolóxico) tradicionais mais actualizadas. Perante eses poderes, a contestación (a resistencia, a oposición, a alternativa) vai do anti-poder ao contra-poder. A este respecto, Tarrío proporciona un exemplo e un aporte concretos.
-
12:15 - 13:45 Novo capitalismo e lóxicas de control.
José Ángel Brandariz. Profesor Titular de Dereito Penal na Universidade da Coruña.
Hai tres décadas Foucault intuiu que a lóxica disciplinária que animaba entón aos dispositivos de sanción estaba mudando, na apertura dunha etapa xa embironáriamente postmoderna. Hoxe é momento de testear as institucións de sanción e control presentes, para comprobar a certeza ou inveracidade daquela intuición.
-
16:00 - 17:30 O risco como dispositivo de goberno na sociedade de control. Algunhas notas sobre Frontex.
David San-Martín. Investigador Predoutoral en Filosofía do Dereito da Universidad de La Rioja.
A evolución do risco como dispositivo en sentido foucaultiano (é dicir, como entramado de racionalidades, discursos e técnicas de goberno) permite alumbrar algúns dos rasgos distintivos da sociedade de control: as novas formas de obxetivación securitaria, de relación poder-saber i, en definitiva, de gubernamentabilidade que dito modelo conleva. Como exemplo, plantéxanse algunhas notas sobre os usos das técnicas actuariais por parte de Frontex na xestión das fronteiras exteriores da UE.
-
17:45-19:30 Virtual WWWorlds. Servidumes e liberacións na era dixital.
Rosendo González. Revista Transversal
A nova rede dixital non é só unha nova forma de transmisión e alamcenamento de información senón que tamén, e sobre todo, é un novo modo de existencia. Un novo “estar no mundo” que combina, paradóxicamente, os máis íntimos e brutais métodos de control coas posibilidades máis radicais de liberación. Producción maquínica de subxetividade, aceleración, virulencia, espectáculo, sociedade-rede, fragmentación, etc. Se cadra hai dous dispositivos que por concentrar parte destas problemáticas téñense convertido en representantes desta contradicción: a web 2.0 e Google. Sobre eles versará en gran medida a nosa achega, aínda que tamén o fará a través do movemento polo software libre ou as reflexións de autores como Jean Boudrillard, Marshall McLuhan, Gilles Deleuze, Guy Debord e Félix Guattari.
-
Venres 25 de abril. Faculdade de Socioloxía, Salón de Graos:
-
9:30 - 10:30 Presentación.
-
10:30 - 12:00 Metrópole e multitude.
Emmanuel Rodríguez. Doutor en Historia pola Universidad Complutense de Madrid.
O concepto de metrópole, alén do seu vencellamento aos estudos urbanos e a determinadas morfoloxías urbanas, é hoxe o designador da situación. A metrópole é tanto a fábrica do capital como a gran máquina social. A metrópole é a pel da multitude, o goberno complexo dunha producción tendencialmente socializada; a realidade mesma da complexidade e da extremada fragmentación social. Por iso a metrópole só é gobernable mediante o estado de excepción. E por iso tamén, a metrópole é o gran reto dunha política alén dos episodios festivos do baile das revolucións moleculares e das pequenas insurreccións. A pregunta é tal vez sempre a mesma, qué política é hoxe posible?
-
12:15 - 13:45 A imaxinación ao poder?: estratexias de renovación urbana na cidade de Los Ángeles.
José María Cardesín. Profesor Titular de Socioloxía na Universidade da Coruña.
Abordaránse tres proxectos de remodelación urbana que se desenrrolaron na cidade de Los Ángeles na segunda metade do século XX: Bunker Hill, Hollywood Boulevard e Plaza México. Os tres definen outros tantos modelos, tanto no que respecta aos obxetivos como á implicación dos poderes públicos. Dunha primeira estratexia de demolición total pásase a unha segunda de renovación urbana, para concluir na reinvención Kitsch.
-
16:00 - 17:30 As políticas da narración. Simulacro e reflexividade.
Antón Fernández de Rota. Doutorando en Antropoloxía.
A través dunha revisión histórica das teorías da postmodernidade tentaremos aproximarnos as políticas da narración dos novos movementos sociais. Deste xeito emprenderase unha viaxe que, a saltos entre a antropoloxía, o cinema e os movementos, nos adentrará nas contra-estratexias que a multitude emprega na era da simulación co fin de expandir una reflexividade antagonista baixo a forma da opera aperta.
-
17:45 - 19:30 A política além do soberam.
Raimundo Viejo Viñas. Profesor de Ciencia Política na Universitat Pompeu Fabra.
Co desenvolvimento da vaga de mobilizaçons global que se extende de 1994 até a actualidade, o modo de mando inícia umha readaptaçom às esigências de control que imponhem os novos repertórios da acçom colectiva. Este cámbio de paradigma no modo de mando está a pivotar sobre a excepçom como cerna da produçom de umha governabilidade outra alem os constringimentos da constituiçom formal. A fim de fazer possível o ajuste do modo de mando é precissa a suspensom de garantias jurídico-formais por meio da difussom geralizada de umha nova cultura da emergência baseada numha nova forma de soberania: o Império. Esta, porem, socava os fundamentos da legitimidade liberal-democrática que se ancorabam no Estado nacional abrindo com ilo o horizonte de um poder constituinte.
-
Incripción[só necesaria para obter o crédito]:
-
Podes facer a túa inscripción anticipada enviándonos nome e apelidos e o nº do teu documento de identidade a cognitarias@gmail.com, tamén poderás cubrila en calquera das conferencias ás que asistas.
-
-

Chuzame! chuzame -

::Autoformación i éxodo na Universidade-Empresa::

logotblogcognitas.jpg

[pdf en galego] Autoformación i éxodo na Universidade-Empresa

[pdf en castellano] Autoformación y éxodo en la Universidad-Empresa

-

Publicamos un artigo escrito para o nº2 da revista Transversal [http://www.nodo50.org/transversal/], e que contén parte das reflexións que animan a asemblea de precarias en formación. Reflexións, entre outras, sobre ese espectro que percorre boa parte dos campus europeos; a autoformación. Cómo axenciarse a potencia -de superación da conxelación identitaria dos saberes [e faceres], de subxetivación, etc.- das diversas experiencias de investigación-militante/investigación-acción parece ser o debate nos campus [sirva de exemplo este texto que sempre quixemos recuperar: Sobre o movimento estudantil compostelán ás portas dunha posible nova vaga movilizadora -do 05.11.2007 ]. Un debate que non é alleo á diversidade existente dentro da famila da militancia de investigación contemporánea.

-

Nunha selección de textos elaborada polos compas da biblioweb Caosmosis [ http://caosmosis.acracia.net/?cat=136] pódense atopar textos sumamente interesantes dalgúns dos colectivos que máis profundamente teñen experimentado diversas traxectorias de investigación activista.

Tamén referencia ineludible na materia é o libro Nociones comunes. Experiencias y ensayos entre investigación y militancia da editorial Traficantes de Sueños.

Chuzame! chuzame -

::proxecto|sociedade de control[presentación]::

controldeseñoPresentamos o noso primeiro proxecto de formación*investigación autónoma; sociedade de control. Comeza o éxodo.

Asembleas abertas todos os xoves ás 20:00h no CS A Treu!

r/san Xosé nº2(baixo)

Montealto-A Coruña

|PDF|galego

|PDF|castellano

QUE TEÑEN EN COMÚN CÁRCERE, escola, fábrica, cuartel e hospital? A individualización, a vixianza e o disciplinamento dos corpos ante o Ollo do Poder. Os seus respectivos espazos articúlanse en dous ambientes. Por un lado, un lugar elevado, desde o que o poder observa (arquitectura panóptica; a torre central no cárcere, a tarima na aula). Do outro, un espazo no que os individuos son ubicados aislados uns dos outros, pero enfrentados á visión do poder (na cela, no pupitre, no posto de traballo). Esta era a tese de Michel Foucault en 1975; que estas arquitecturas se levantaban para producir individuos dóciles e disciplinados, pero tamén algo máis. O método empregado era dobre: vixiar e castigar. O castigo debe entenderse no seu senso etimolóxico máis literal. Vén do latín castigare, isto é; castus (casto) e agere (facer). En última instancia, a máquina disciplinaria exercía un poder que buscaba producir normalidade (facer casto). Mediante o castigo e a observación desexa producir suxeitos “normais” ou, dito doutro modo, dominar mediante a normalización. [Ler+]

Chuzame! chuzame -
  • Asemblea de precarias en formación

    A Corunha universidade-metrópole
    Creative Commons License