::Que facer?::

transleninConcibulo de relixións raras. Hoxe sesión de adiviñación nun antigo orfanato -é un tópico, pero funciona: aínda que se poidésemos iriamos a Boleskine House, sen dúbida. Ósos de gaivotas, ron habano, veas, tambores misturados con ritmos xitanos, tarot, miradas cómplices. Vakratunda Mahaakaaya Surakotee Sama Prabha irvighnam kuru mey Deva Sarva kaaryeshu Sarvadaa. O mantra resoa na habitación: os ósos falan. As Prediccións prolónganse ao longo de toda unha noite. Os métodos sucédense.
-
A adiviñación está en realidade mal entendida. As cartas non len o futuro. As entrañas non amosan o destino. Todo o contrario. A adiviñación é creación de posibles. Desexo, tamén. Por iso hai que levar coidado con ela. Tamén ocorre que as pantasmas -propias, colectivas- resoan na predicción. Poden arrastrarnos ao outro lado da pantalla, o "seu" lado da pantalla -como na película "Poltergeist". Repetición e non máis que repetición. Conxelación do tempo inventado. Pero estas pantasmas poden ser (re)empregadas. Iso é! Niso consiste a creación: pantasmas travestidas. Agora si: Diferencia e repetición.
-
Adxuntamos a continuación algúns destes sortilexio-prediccións. O mundo semella ser de novo reflexo das cartas: crise dentro dunha crise. A pregunta que nos faciamos antes desta noite volta a aparecer: que facer?
-
[PDF] Movimientos en las crisis. Institucionalización autónoma, mitopoiesis y semiopolítica.
[PDF] Se vende Universidad.
[PDF] Repensar la crisis y la acción de los movimientos.
-

Chuzame! chuzame -

::O miolo sangueante::

miolo sangueanteCerto Bestario de Santos Pulp:
-
-
>> Agnes Blannbekin. Da herexía das beguinas. Conta no seu libro "Vida y revelaciones", cómo "un día, al comulgar... comenzó a pensar en dónde estaría el prepucio de Jesucristo. ¡Y ahí estaba! De repente sintió un pellejito, como una cáscara de huevo, de una dulzura completamente superlativa, y se lo tragó. Apenas lo había tragado, de nuevo sintió en su lengua el dulce pellejo y, una vez más, se lo tragó. Y esto lo pudo hacer unas cien veces...". A reliquia do santo prepucio de Xesús (Xesús era xudeu e polo tanto recibu a circuncisión) consérvase nun mosteiro próximo a Roma.
-
>> Francis Possentti, San Gabriel de la Virgen Afligida. "Santo patrón de los pistoleros". Neno adicado ao culto da virxe María famoso pola súa aficción ao xogo, ás carreiras de cabalo e a disparar. Venceu a 20 bandidos tras disparar á cabeza dun lagarto. Unha especie de futurista á cristiana.
-
>> Suso de Colonia. Irmán do espíritu libre. Famoso polo seguinte diálogo con Deus: "De onde vés?". A imaxe contesta: "Non veño de ningunha parte". "Dime, quen eres?". "Non sou". "Que desexas?". "Non desexo". "Isto é un milagre! Dime, como te chamas?". "Chámanme violencia sen nome". "Que pretendes?". "Chegar a unha liberdade sen trabas". "Dime, a que chamas liberdade sen trabas?". "Cando o home vive segundo todos os seus caprichos sen distinguir entre Deus i el, e sen mirar nin cara adiante nin cara atrás..."
-
Non penses por ti mesmo, pensa por Deus. Comecemos a tomar as decisións dese fillo de puta por el...
...Ramén!
-
-

Chuzame! chuzame -

::Cuestión de estilos, estética da docencia::

assalti.jpgUn escrito de Raimundo Viejo Viñas.
Traducido de http://raimundoviejovinhas.blogspot.com
-

[ work in progress :: v. 0.1 ]
-
Vendo este video, procedente do álbume Songs for Drella de John Cale e Lou Reed (a súa particular homenaxe a Andy Warhol), véuseme á cabeza unha conversa de fai uns días acerca da maneira en que cada profesor expón en público. O "estudante-masa", socializado na terrible disciplina do copiar apuntes, adoita agradecer o profesor de verbo lento e máxima claridade expositiva; un profesor, a ser posible, que sexa capaz de convertir cualquera tema nun esquema de puntos ordenados, listos para memorizar; ideal xa, se é capaz de presentalo nun power point. Tal e como sinalaba Johann Joachim Winckelmann no seu determinar a estética neoclásica, fermoso é aquelo que presupón ao ollo o mínimo esforzo. O neoclasicismo é, sen lugar a dúbidas, o criterio estético do "estudante-masa" e o profesor da universidade tardo-fordista. [Ler+]

Chuzame! chuzame -

::Os recicladores. O inicio::

imagen-006.jpg
[PDF] Os Recicladores. O inicio.
[PDF] Los Recicladores. El inicio.
-
por Reciclador nº22
-
I
Sou un dos recicladores. Traballo nas sombras. O pasado venres entrei na gruta con vinte e un dos meus irmáns. Sincronizados partimos desde o noso agocho, alí onde durante seis meses fora convocado o Conciliábulo para organizar a Toma. Saímos coas nosas máscaras e monos de traballo, empurrando carriños da compra cargados con trades, alóxenos, desaparafusadores e mazas, martelos, altofalantes, e un oso de peluche ben grande… Cando estabamos a piques de chegar á gruta, por unha rúa perpendicular, apareceu unha pequena manifestación: unha vintena de persoas, con cámaras e micrófonos, traballadores de distintos medios de comunicación, paparazzis que non atoparían máis que anonimato, e que foran convocados para filmar a entrada [Ler+]
-

Chuzame! chuzame -

::O medo téñeno eles::

fuck_police.jpgMeto a man no peto e penso na cantidade de veces que a madera fixo este mesmo xesto, no mesmo lugar onde agora a minha man procura ansiosa a herba que aderezará o tabaco.
A última vez estaba con Lucas, o meu compa de piso, foi hai poucas semanas, perto do bar, nunha noite de sábado. Sentados nun portal apurábamos un peta antes de volver a entrar.
.
-Sintoo rapaces, pero teredes que fumar iso fóra. Xa sabedes que a cousa está moi chunga desde o da redada do outro día- dixera Edu, o camareta.
.
Pola dereita achegábanse dous tipos vestidos de chaqueta un e sudadeira outro, debían ter trinta e poucos e non agardabamos que nos fosen a dar tal sorpresa.
.
-Documentación[Ler+]

Chuzame! chuzame -

::Comunicado|Non ao estado de excepción permanente::

[Asina pola liberdade no blogue de solidariedade con Carlos Cela Seoane]
-
Os colectivos sociais da cidade da Corunha queremos manifestar, por em comúm da ciudadanía da Corunha, o seguinte manifesto, as seguintes impressons fruto da raiba e o desejo de liberdade, democracia e justiça para todas em geral e para Carlos em particular:
-
Raiva. Impotência. Indignaçom. Isso é o que sentimos hoje todos os que conhecemos a Carlos Cela. Todas as que estamos implicadas nos diversos projectos e movimentos sociais alternativos desta cidade.
Conhecemos a Carlos desde hai moitos anos[Ler+]

Chuzame! chuzame -

::Autoformación i éxodo na Universidade-Empresa::

logotblogcognitas.jpg

[pdf en galego] Autoformación i éxodo na Universidade-Empresa

[pdf en castellano] Autoformación y éxodo en la Universidad-Empresa

-

Publicamos un artigo escrito para o nº2 da revista Transversal [http://www.nodo50.org/transversal/], e que contén parte das reflexións que animan a asemblea de precarias en formación. Reflexións, entre outras, sobre ese espectro que percorre boa parte dos campus europeos; a autoformación. Cómo axenciarse a potencia -de superación da conxelación identitaria dos saberes [e faceres], de subxetivación, etc.- das diversas experiencias de investigación-militante/investigación-acción parece ser o debate nos campus [sirva de exemplo este texto que sempre quixemos recuperar: Sobre o movimento estudantil compostelán ás portas dunha posible nova vaga movilizadora -do 05.11.2007 ]. Un debate que non é alleo á diversidade existente dentro da famila da militancia de investigación contemporánea.

-

Nunha selección de textos elaborada polos compas da biblioweb Caosmosis [ http://caosmosis.acracia.net/?cat=136] pódense atopar textos sumamente interesantes dalgúns dos colectivos que máis profundamente teñen experimentado diversas traxectorias de investigación activista.

Tamén referencia ineludible na materia é o libro Nociones comunes. Experiencias y ensayos entre investigación y militancia da editorial Traficantes de Sueños.

Chuzame! chuzame -

::Compostela|Crónica sobre os últimos devires do movemento estudantil::

josefa_doval.png

Se ben desde Queerunha seguimos con moita curiosidade e admiración o movemento estudantil compostelán xa durante o pasado curso, achamos especialmente apaixoantes os acontecementos do último mes. Radical autonomía, inmediatismo, reflexións ao redor da autoxestión do coñecemento... eis unha crónica desde dentro do movemento por Josefa Doval; traballadora sexual i estudante de Ciencias Políticas na veciña Universidade Santander Central Hispano |UsC[h].

-

 

O movimento estudantil, segue, desde o seu nacemento, estancado no eterno conformismo, pero non tanto un conformismo de aceptación, senón de continuo silencio, un silencio só roto no momento en que a comunidade estudantil sofre unha agresión directa, como agresión debemos entender leis universitarias, poucas cousas máis considerará como graves... [Ler+]

Chuzame! chuzame -
  • Asemblea de precarias en formación

    A Corunha universidade-metrópole
    Creative Commons License