transleninConcibulo de relixións raras. Hoxe sesión de adiviñación nun antigo orfanato -é un tópico, pero funciona: aínda que se poidésemos iriamos a Boleskine House, sen dúbida. Ósos de gaivotas, ron habano, veas, tambores misturados con ritmos xitanos, tarot, miradas cómplices. Vakratunda Mahaakaaya Surakotee Sama Prabha irvighnam kuru mey Deva Sarva kaaryeshu Sarvadaa. O mantra resoa na habitación: os ósos falan. As Prediccións prolónganse ao longo de toda unha noite. Os métodos sucédense.
-
A adiviñación está en realidade mal entendida. As cartas non len o futuro. As entrañas non amosan o destino. Todo o contrario. A adiviñación é creación de posibles. Desexo, tamén. Por iso hai que levar coidado con ela. Tamén ocorre que as pantasmas -propias, colectivas- resoan na predicción. Poden arrastrarnos ao outro lado da pantalla, o "seu" lado da pantalla -como na película "Poltergeist". Repetición e non máis que repetición. Conxelación do tempo inventado. Pero estas pantasmas poden ser (re)empregadas. Iso é! Niso consiste a creación: pantasmas travestidas. Agora si: Diferencia e repetición.
-
Adxuntamos a continuación algúns destes sortilexio-prediccións. O mundo semella ser de novo reflexo das cartas: crise dentro dunha crise. A pregunta que nos faciamos antes desta noite volta a aparecer: que facer?
-
[PDF] Movimientos en las crisis. Institucionalización autónoma, mitopoiesis y semiopolítica.
[PDF] Se vende Universidad.
[PDF] Repensar la crisis y la acción de los movimientos.
-

Chuzame! chuzame -