::O medo téñeno eles::
Comments: 1 - Date: Xaneiro 30th, 2008 - Categories: ::Artigos*Crónicas*Contos*Comunicados::
Meto a man no peto e penso na cantidade de veces que a madera fixo este mesmo xesto, no mesmo lugar onde agora a minha man procura ansiosa a herba que aderezará o tabaco.
A última vez estaba con Lucas, o meu compa de piso, foi hai poucas semanas, perto do bar, nunha noite de sábado. Sentados nun portal apurábamos un peta antes de volver a entrar.
.
-Sintoo rapaces, pero teredes que fumar iso fóra. Xa sabedes que a cousa está moi chunga desde o da redada do outro día- dixera Edu, o camareta.
.
Pola dereita achegábanse dous tipos vestidos de chaqueta un e sudadeira outro, debían ter trinta e poucos e non agardabamos que nos fosen a dar tal sorpresa.
.
-Documentación[Ler+]- amosa praca de secreta.
.
Cacháronnos cun peta na man, nada que facer. Sen posibilidades de facernos os inocentes. Este par, no canto de estar de festa como a xente normal, venhen a amolarnos. O certo é que están completamente infiltrados entre a multitude, incluso tenhen pinta de farloperinhos.
.
-Sacad todo lo que lleveis. Si os encuentro algo más os caen 300 euros de multa- farfulha o outro pelele mentres comproba os DNI.
.
Comeza o cacheo buscando nos petos a toda presa.
.
-Nosotros lo hacemos por vuestra salud
-Preocúpate pola túa que eu xa me preocupo pola minha
.
Frases coma esa tenhen un prezo. Neste caso un beizo partido e varias ameazas . Polo pescozo de Lucas corre un fio de sangue. Cando me dou conta, un pensamento, máis ben unha pregunta, afástame a mente do contexto: Qué lhes leva a dous tipos a meterse a secretas? Tan rápida como a cuestión, chega a desposta: Unha devoción tan obsesa como insana polas normas, que tanso pode xermolar nunha conciencia en off. Estes tipos crense heroes, loitadores da seguridade cidadá. O que non saben é que se esforzan por combater a súa propia inseguridade. O medo. Verdadeiro pánico ante todo o que transgreda o conxunto de normas, pavor a experimentar alén do xa conhecido, prodúcelhes terror a posibilidade de novos xeitos de vida que non sexan guiados por un código de conduta. Iso son as súas leis, códigos de conduta para unha vida marcada de ante man. Vivir, decidir, responsabilizarse… prodúcelhes tanto temor que preferiron verter sobre esta posibilidade toneladas de prexuizos, criminalizar a quen os cumple e actuar en consecuencia.
.
Prosigue o cacheo. Desta vez palpa a minha entreperna e eu emito un xemido finxindo pracer. Retrocede espantado ante unha transgresión pola que non me pode deter. Mírame con olhos de flipao e eu lánzolhe un bico. Agora é el o temeroso.
.
-Boeno, este ya está- Toda a chulería polo chan.
-Avisa por radio, nos vamos al Humor, a ver si pillamos a algún mequetrefe despistao- responde o outro paspán metendo a man nos calcetíns de Lucas.
-Xa?- Prosigo coa broma- Ainda non me miraches por aquí…- Sinalo os petos de atrás do pantalón.
.
Devólvennos as identificacións.
.
-Esta vez no os vamos a apuntar, pero la próxima…- Ainda lhes teremos que agradecer que só nos rouben a herba que levabamos ambos.
-Adeus amores!!!
.
Ao mirar para atrás, decátome de que o que me rexistrou a min, está suando. Lucas non para de rir. Saco a farlopa que gardaba no calcetín e volco un par de raias. Aspiro a dose máis saborosa da minha vida. Buscaban coca, mais os seus prexuizos impedíronlhes atopala. Dubidaron de nós por ser xoves, coma se iso constituise xa de por si un delito. Se no canto de melenas peinasemos canas nen se ían fixar en nós. Vivimos nunha sociedade onde os xoves somos sospeitosos de transgredir. Tenhen razóns para pensalo. Mátannos as ganas de vivir e sentir, de alterar as nosas percepcións sensoriais. Non podemos aturar unha vida enchenta de monotonía, unha vida coas cartas marcadas de antemán. De casa ao trabalho e do trabalho a casa, unha copa cos amigos a fin de semana e volta a empezar. Agobio cotián, fartos de aturar.
.
Hoxe volvo sair con Lucas e a minha conciencia tranquila e aberta, pero sobre todo a seguridade que me dá saber que como os bechos, eles tenhen máis medo de min que eu das multas. Son eles os temerosos, os débiles e nós sabémolo.
chuzame -
Comentario por home sen nome - 4 Febreiro 2008 @ 8:20 pm
Ei non sabía nada de que se puidesen deixar comentarios! Mola. Moita policía pouca diversión
Deixa un comentario