::Lavorare con lentezza - Rado Alice 100.6MHz[Gran Cinema Prekario]::
Comments: 0 - Date: Novembro 26th, 2007 - Categories: ::Gran Cinema Prekario::
[Este mércores 28 ás 16:30 no salón de actos da faculdade de socioloxía]
Escolma de textos sobre Radio Alice, as radios libres e o movemento do 77 italiano.
-
Descoñecido para moitas, ocultado, o movemento do 77 italiano significa a culminación da década de máis potente creación político-existencial do século XX. Rexeite da ética do traballo, sexualidades con novos prismas, necesidade de comunismo, radios libres, centros sociais okupados, a explosión da clase, o enfrontamento radical dun novo proletariado coa esquerda histórica italiana... demasiado para unha soa cinta. Con todo, Lavorare con lentezza radiografía boa parte desta mutación antropolóxica, na que precisamente todos os predicados do animal humano pasaron a ser subsumidos no modo de producción postfordista.
Polas ondas hertzianas de Radio Alice fluía a vida da Boloña do 77. Desde as rúas chegaban as narracións das protagonistas da guerrilla urbana. As chamadas entraban directamente, sen filtros; as máis fermosas palabras de subversión ou os insultos a aquelas que sacudiron o mundo.
-
A proxección e a cativa escolma de textos coa que a acompañamos pretenden orientar a aquelas que se achegan por primeira vez ás delicias da profunda experiencia colectiva do 77.
chuzame -
Leave a comment