josefa_doval.png

Se ben desde Queerunha seguimos con moita curiosidade e admiración o movemento estudantil compostelán xa durante o pasado curso, achamos especialmente apaixoantes os acontecementos do último mes. Radical autonomía, inmediatismo, reflexións ao redor da autoxestión do coñecemento... eis unha crónica desde dentro do movemento por Josefa Doval; traballadora sexual i estudante de Ciencias Políticas na veciña Universidade Santander Central Hispano |UsC[h].

-

 

O movimento estudantil, segue, desde o seu nacemento, estancado no eterno conformismo, pero non tanto un conformismo de aceptación, senón de continuo silencio, un silencio só roto no momento en que a comunidade estudantil sofre unha agresión directa, como agresión debemos entender leis universitarias, poucas cousas máis considerará como graves... [Ler+]

 

As causas para o mesmo son evidentes:

a.-A temporalidade da estancia na “institución educativa”, mínimo de 5 anos cun máximo que non excederá moito desa cifra.

b.-A concepción demasiado extendida da universidade non como elemento formador, senón como mero trámite cara o desexado traballo cualificado.

-

Esta liña de debate aberta non debe ser interpretábel coma unha renuncia ou negación do traballo político nas aulas, senon que pretende visibilizar a dificuldade de artellar un movimento forte e máis aínda de introducir neste unha serie de descursos ou lóxicas de movimento de corte “antagonista”.

O caso do que está a suceder na USC pode servir como contra-exemplo a todo isto, porén, deixando claro que só é un comezo e que o camiño percorrido só abrangue o primeiro mes do actual curso, aínda que as últimas semanas foron bastante intensas...

O progreso e os saltos tanto cualitativos coma cuantitativos da movilización estudantil nos dous últimos anos debe observarse desde un ponto de vista organizativo. A experiencia do curso 2006/2007 , no que a referencia política era a Coordenadora de Asembleas, que pese a ser un organismo aglutinador de colectivos abertos non deixaba de actuar como órgano directivo e de posta en común de propostas. Sen embargo, a potestade deste órgano con decisións vinculantes e no que só tiñan voz e voto as vozeiras dos colectivos convertíana nun colectivo fechado e no que aquela xente que non dispuña e atopaba dificuldades para auto-organizarse na propia faculdade non tiñan a posibilidade de aportar.

-

Unha dinámica excesivamente clásica tanto no eido da organización como no da acción: xuntanzas+xuntanzas+concentracións+manifestacións+ o eterno non a.., non a...,e cómo non; NON A...!! Alén de máis, estas accións tiveron moi pouca repercusión naquelas faculdades nas que non existían asembleas, e os descursos levados polos sindicatos, que resultaban especialmente agresivos para aquelas que non posuían unha mínima experiencia política, augurábanlle pouco futuro, e moito máis cando certos seitores descontentos e con pretensión de artellamento dunha rede movimentaria máis alá do ínclito Proceso Boloña desenvocou na convocatoria dunha asemblea xeral unhas semanas despois de comezado o curso. Con todo, é innegábel que a Coordenadora conseguíu crear certo corpo político ao redor do conflito.

-

O novo proceso, baixo o nome Asemblea Xeral de estudantes reuníuse por primeira vez o 30 de outubro na faculdade de Maxisterio. A asistencia foi dunhas 200 persoas, este tipo de eventos, marcado por unha serie de elementos, digamos... protocolarios; redacción do regulamento da asemblea, das reivindicacións da mesma, etc...

Non hai un concepto axeitado para definir a asistencia á mesma, pero esa multitude irrepresentábel da que falaba Negri non sería do todo desaxeitado, desde o comezo, a maior parte da xente, sen experiencia previa no movimento, rexeitou en bloque os descursos de sindicatos e outras organizacións políticas con intereses máis alá do reagrupamento do estudantado.

-

Após o protocolo, a acción, o dinamismo, a espontaneidade, a autonomía:

A toma das rúas comeza o mércores 7 de novembro co anuncio dun acto público da reitoría, que se decide bloquear, pero dando salto cualitativos, innovación na convocatoria. Aparécese fronte á reitoría sen bandeiras, sen símbolos, sen cánticas pre-pactados, sen faixas, só berros, só espontaneidade, só creatividade, cacerolas, berros, e a invasión desobediente, co atropelo de varios axentes de seguridade no camiño, corte de tráfico, sprint polo centro de Compostela, FIN

Lúns 12, comeza algo, os Weather Underground chamaron á súa semana de toma de rúas como a “Semana da Raiba”, a Asemblea non lle puxo nome, reúnese o martes 13, máis acción, e debería porlle outro nome, 2 dias de rúa mañá e tarde, Reclamemos as rúas, as aulas, os campus, desobedezamos e sobre todo deixemos voar a imaxinación, proxectemos creatividade.

Mércores 14: Rebéntase o acto do Foro de Emprego da USC, acto destinado a aquelas estudantes que desexaran entregar o currículo e, en directo, pasar a formar parte de calquer multinacional, iso si, á carta entre máis de 50 empresas, pero aparecen os de sempre, “Estudiantes violentos radicales boicotean acto universitario” (El Correo Gallego, xoves 15 de novembro)

A Uni morre, de novo. Enterrámola; comitiva fúnebre, escarnio ao rector, curas baixo palio e rezo, misa, “Padre Nuestro”? non, “Universidade Nosa”, “danos el pan nuestro de cada día” non, dános a beca dun ano todos os días, que non queremos traballar, nen raiarnos pagando a matrícula, entréganos á tentación e líbranos do burro de Senén, AMÉN !! máis de 500 persoas, segundo os media, acudiron ao sepelio, ante as miradas atónitas da policía e os berros amigábeis dos cidadáns de ben.

Xoves 15: 150 aniversario do Banco Santander Central Hispano, acto solemne, con Emilio Botín, as estudantes debíamoslle algo, agradecerlle o grande servicio que nos fai, por iso houbo que levarlle un agasallo, unha tarta, en forma de excremento, o lema, “despois de tantos anos tragando merda, hoxe, que estás de cumple queríamos compartir unha pouca contigo”. 90 persoas e demencial dispositivo da policía nacional. Balance, non houbo carga, pero sí que se lle entregou a súa tarta con forma do que é, ademáis de todas as publicidades de bolsas-préstamo de todas as faculdades e oficinas do BSCH de Compostela, un triunfo máis para nós.

-

Unha vez máis burocracias e tristuras ao servizo do aburrimento, unha vez máis creatividade, acción e desobediencia ao servizo do movemento.

-

 

 

“A revolución proletaria será unha festa

ou non será”

Mustapha Khayati, Internacional Situacionista

Chuzame! chuzame -