::Que facer?::

transleninConcibulo de relixións raras. Hoxe sesión de adiviñación nun antigo orfanato -é un tópico, pero funciona: aínda que se poidésemos iriamos a Boleskine House, sen dúbida. Ósos de gaivotas, ron habano, veas, tambores misturados con ritmos xitanos, tarot, miradas cómplices. Vakratunda Mahaakaaya Surakotee Sama Prabha irvighnam kuru mey Deva Sarva kaaryeshu Sarvadaa. O mantra resoa na habitación: os ósos falan. As Prediccións prolónganse ao longo de toda unha noite. Os métodos sucédense.
-
A adiviñación está en realidade mal entendida. As cartas non len o futuro. As entrañas non amosan o destino. Todo o contrario. A adiviñación é creación de posibles. Desexo, tamén. Por iso hai que levar coidado con ela. Tamén ocorre que as pantasmas -propias, colectivas- resoan na predicción. Poden arrastrarnos ao outro lado da pantalla, o «seu» lado da pantalla -como na película «Poltergeist». Repetición e non máis que repetición. Conxelación do tempo inventado. Pero estas pantasmas poden ser (re)empregadas. Iso é! Niso consiste a creación: pantasmas travestidas. Agora si: Diferencia e repetición.
-
Adxuntamos a continuación algúns destes sortilexio-prediccións. O mundo semella ser de novo reflexo das cartas: crise dentro dunha crise. A pregunta que nos faciamos antes desta noite volta a aparecer: que facer?
-
[PDF] Movimientos en las crisis. Institucionalización autónoma, mitopoiesis y semiopolítica.
[PDF] Se vende Universidad.
[PDF] Repensar la crisis y la acción de los movimientos.
-

Chuzame! A Facebook A Twitter

::O miolo sangueante::

miolo sangueanteCerto Bestario de Santos Pulp:
-
-
>> Agnes Blannbekin. Da herexía das beguinas. Conta no seu libro «Vida y revelaciones», cómo «un día, al comulgar… comenzó a pensar en dónde estaría el prepucio de Jesucristo. ¡Y ahí estaba! De repente sintió un pellejito, como una cáscara de huevo, de una dulzura completamente superlativa, y se lo tragó. Apenas lo había tragado, de nuevo sintió en su lengua el dulce pellejo y, una vez más, se lo tragó. Y esto lo pudo hacer unas cien veces…». A reliquia do santo prepucio de Xesús (Xesús era xudeu e polo tanto recibu a circuncisión) consérvase nun mosteiro próximo a Roma.
-
>> Francis Possentti, San Gabriel de la Virgen Afligida. «Santo patrón de los pistoleros». Neno adicado ao culto da virxe María famoso pola súa aficción ao xogo, ás carreiras de cabalo e a disparar. Venceu a 20 bandidos tras disparar á cabeza dun lagarto. Unha especie de futurista á cristiana.
-
>> Suso de Colonia. Irmán do espíritu libre. Famoso polo seguinte diálogo con Deus: «De onde vés?». A imaxe contesta: «Non veño de ningunha parte». «Dime, quen eres?». «Non sou». «Que desexas?». «Non desexo». «Isto é un milagre! Dime, como te chamas?». «Chámanme violencia sen nome». «Que pretendes?». «Chegar a unha liberdade sen trabas». «Dime, a que chamas liberdade sen trabas?». «Cando o home vive segundo todos os seus caprichos sen distinguir entre Deus i el, e sen mirar nin cara adiante nin cara atrás…»
-
Non penses por ti mesmo, pensa por Deus. Comecemos a tomar as decisións dese fillo de puta por el…
Ramén!
-
-

Chuzame! A Facebook A Twitter

::Cuestión de estilos, estética da docencia::

assalti.jpgUn escrito de Raimundo Viejo Viñas.
Traducido de http://raimundoviejovinhas.blogspot.com
-

[ work in progress :: v. 0.1 ]
-
Vendo este video, procedente do álbume Songs for Drella de John Cale e Lou Reed (a súa particular homenaxe a Andy Warhol), véuseme á cabeza unha conversa de fai uns días acerca da maneira en que cada profesor expón en público. O «estudante-masa», socializado na terrible disciplina do copiar apuntes, adoita agradecer o profesor de verbo lento e máxima claridade expositiva; un profesor, a ser posible, que sexa capaz de convertir cualquera tema nun esquema de puntos ordenados, listos para memorizar; ideal xa, se é capaz de presentalo nun power point. Tal e como sinalaba Johann Joachim Winckelmann no seu determinar a estética neoclásica, fermoso é aquelo que presupón ao ollo o mínimo esforzo. O neoclasicismo é, sen lugar a dúbidas, o criterio estético do «estudante-masa» e o profesor da universidade tardo-fordista. [Ler+]

Chuzame! A Facebook A Twitter

::Seminario|A globalización en crise. Control, gubernamentalidade e movementos sociais::

cartazblogue.png
[pdf en galego] A globalización en crise. Control, gubernamentabilidade e movementos sociais.
[pdf en portugués] A globalização em crise. Controle, governamentabilidade e movimentos sociais.
[pdf en castelán] La globalización en crisis. Control, gubernamentabilidad y movimientos sociales.
[tríptico]
[Imaxes] Cativa fotoreportaxe do seminario.
-
Seminario autoxestionado (1 Crédito de libre configuración)
18 e 25 de abril
Campus de Elviña, A Coruña
-
Intro:
-
A actual globalización dos sistemas de educación superior ameaza con anular todo espazo de crítica e disenso; a tecnocratización dos contidos, a elevada precarización de estudantes e investigadores, os réximes de propiedade intelectual privativos e as complexas xerarquías obstaculizan gravemente as posibilidades de oposición e alternativa á universidade neoliberal.
A complicada apertura dese espazo político outro, no que producir un saber común a partir do noso desexo de autonomía, horizontalidade e participación, anima esta asemblea desde comezos do presente ano académico.
Para os días 18 e 25 de abril temos introducido na oferta formativa do campus unha pequena interferencia, a nosa primeira experiencia de autoformación; «A globalización en crise. Control, gubernamentabilidade e movementos sociais», un seminario adicado ao mapeo dos territorios e as lóxicas da sociedade de control contemporánea e os novos movementos sociais que desde ela interrogamos as nosas posibilidades.
-
Programa:
-
Venres 18 de abril. Faculdade de Dereito, Aula 5:
-
9:30 – 10:30 Conferencia inaugural: Apertura e creatividade: a historia do ser humano.
José Antonio Fernández de Rota, Catedrático de Antropoloxía da UDC.
O ser máis incontrolado do praneta sustituiu os instintos polas moito complexas redes do control social. O control e as súas correspondentes iniciativas de resistencia, unhas e outras son unha mostra clara da creatividade humana, da súa apertura radical. Esta conferencia tratará de buscar as relacións existentes entre creatividade e libertade.
-
10:30 – 12:00 Poder e contestación (de Foucault a Tarrío).
Luis García Soto. Profesor Titular de Filosofía Moral na Universidade de Compostela.
Segundo Foucault, na sociedade occidental contemporánea dáse un novo tipo (Biopoder) e unhas novas formas (regulacións, disciplinas, dispositivos) de poder, que se suman ao tipo (poder de morte) e as formas (poder militar, poder ideolóxico) tradicionais mais actualizadas. Perante eses poderes, a contestación (a resistencia, a oposición, a alternativa) vai do anti-poder ao contra-poder. A este respecto, Tarrío proporciona un exemplo e un aporte concretos.
-
12:15 – 13:45 Novo capitalismo e lóxicas de control.
José Ángel Brandariz. Profesor Titular de Dereito Penal na Universidade da Coruña.
Hai tres décadas Foucault intuiu que a lóxica disciplinária que animaba entón aos dispositivos de sanción estaba mudando, na apertura dunha etapa xa embironáriamente postmoderna. Hoxe é momento de testear as institucións de sanción e control presentes, para comprobar a certeza ou inveracidade daquela intuición.
-
16:00 – 17:30 O risco como dispositivo de goberno na sociedade de control. Algunhas notas sobre Frontex.
David San-Martín. Investigador Predoutoral en Filosofía do Dereito da Universidad de La Rioja.
A evolución do risco como dispositivo en sentido foucaultiano (é dicir, como entramado de racionalidades, discursos e técnicas de goberno) permite alumbrar algúns dos rasgos distintivos da sociedade de control: as novas formas de obxetivación securitaria, de relación poder-saber i, en definitiva, de gubernamentabilidade que dito modelo conleva. Como exemplo, plantéxanse algunhas notas sobre os usos das técnicas actuariais por parte de Frontex na xestión das fronteiras exteriores da UE.
-
17:45-19:30 Virtual WWWorlds. Servidumes e liberacións na era dixital.
Rosendo González. Revista Transversal
A nova rede dixital non é só unha nova forma de transmisión e alamcenamento de información senón que tamén, e sobre todo, é un novo modo de existencia. Un novo “estar no mundo” que combina, paradóxicamente, os máis íntimos e brutais métodos de control coas posibilidades máis radicais de liberación. Producción maquínica de subxetividade, aceleración, virulencia, espectáculo, sociedade-rede, fragmentación, etc. Se cadra hai dous dispositivos que por concentrar parte destas problemáticas téñense convertido en representantes desta contradicción: a web 2.0 e Google. Sobre eles versará en gran medida a nosa achega, aínda que tamén o fará a través do movemento polo software libre ou as reflexións de autores como Jean Boudrillard, Marshall McLuhan, Gilles Deleuze, Guy Debord e Félix Guattari.
-
Venres 25 de abril. Faculdade de Socioloxía, Salón de Graos:
-
9:30 – 10:30 Presentación.
-
10:30 – 12:00 Metrópole e multitude.
Emmanuel Rodríguez. Doutor en Historia pola Universidad Complutense de Madrid.
O concepto de metrópole, alén do seu vencellamento aos estudos urbanos e a determinadas morfoloxías urbanas, é hoxe o designador da situación. A metrópole é tanto a fábrica do capital como a gran máquina social. A metrópole é a pel da multitude, o goberno complexo dunha producción tendencialmente socializada; a realidade mesma da complexidade e da extremada fragmentación social. Por iso a metrópole só é gobernable mediante o estado de excepción. E por iso tamén, a metrópole é o gran reto dunha política alén dos episodios festivos do baile das revolucións moleculares e das pequenas insurreccións. A pregunta é tal vez sempre a mesma, qué política é hoxe posible?
-
12:15 – 13:45 A imaxinación ao poder?: estratexias de renovación urbana na cidade de Los Ángeles.
José María Cardesín. Profesor Titular de Socioloxía na Universidade da Coruña.
Abordaránse tres proxectos de remodelación urbana que se desenrrolaron na cidade de Los Ángeles na segunda metade do século XX: Bunker Hill, Hollywood Boulevard e Plaza México. Os tres definen outros tantos modelos, tanto no que respecta aos obxetivos como á implicación dos poderes públicos. Dunha primeira estratexia de demolición total pásase a unha segunda de renovación urbana, para concluir na reinvención Kitsch.
-
16:00 – 17:30 As políticas da narración. Simulacro e reflexividade.
Antón Fernández de Rota. Doutorando en Antropoloxía.
A través dunha revisión histórica das teorías da postmodernidade tentaremos aproximarnos as políticas da narración dos novos movementos sociais. Deste xeito emprenderase unha viaxe que, a saltos entre a antropoloxía, o cinema e os movementos, nos adentrará nas contra-estratexias que a multitude emprega na era da simulación co fin de expandir una reflexividade antagonista baixo a forma da opera aperta.
-
17:45 – 19:30 A política além do soberam.
Raimundo Viejo Viñas. Profesor de Ciencia Política na Universitat Pompeu Fabra.
Co desenvolvimento da vaga de mobilizaçons global que se extende de 1994 até a actualidade, o modo de mando inícia umha readaptaçom às esigências de control que imponhem os novos repertórios da acçom colectiva. Este cámbio de paradigma no modo de mando está a pivotar sobre a excepçom como cerna da produçom de umha governabilidade outra alem os constringimentos da constituiçom formal. A fim de fazer possível o ajuste do modo de mando é precissa a suspensom de garantias jurídico-formais por meio da difussom geralizada de umha nova cultura da emergência baseada numha nova forma de soberania: o Império. Esta, porem, socava os fundamentos da legitimidade liberal-democrática que se ancorabam no Estado nacional abrindo com ilo o horizonte de um poder constituinte.
-
Incripción[só necesaria para obter o crédito]:
-
Podes facer a túa inscripción anticipada enviándonos nome e apelidos e o nº do teu documento de identidade a cognitarias@gmail.com, tamén poderás cubrila en calquera das conferencias ás que asistas.
-
-

Chuzame! A Facebook A Twitter

::Os recicladores. O inicio::

imagen-006.jpg
[PDF] Os Recicladores. O inicio.
[PDF] Los Recicladores. El inicio.
-
por Reciclador nº22
-
I
Sou un dos recicladores. Traballo nas sombras. O pasado venres entrei na gruta con vinte e un dos meus irmáns. Sincronizados partimos desde o noso agocho, alí onde durante seis meses fora convocado o Conciliábulo para organizar a Toma. Saímos coas nosas máscaras e monos de traballo, empurrando carriños da compra cargados con trades, alóxenos, desaparafusadores e mazas, martelos, altofalantes, e un oso de peluche ben grande… Cando estabamos a piques de chegar á gruta, por unha rúa perpendicular, apareceu unha pequena manifestación: unha vintena de persoas, con cámaras e micrófonos, traballadores de distintos medios de comunicación, paparazzis que non atoparían máis que anonimato, e que foran convocados para filmar a entrada [Ler+]
-

Chuzame! A Facebook A Twitter

::Semana de actividades pola cultura libre e os espazos liberados::

cartaz_cultura_ok1.jpg
[A Cultura Pre_O[k]upa|do 14 ao 23 de marzo|Montealto – Coruña – GZ]
-
Teatro, obradoiros, música ao vivo, autoxestión, asembleas, cine, cabaret, reciclaxe, arquitectura social, graffiti, etc.
-
Comeza o venres 14 de marzo a partir das 19:00, no Campo da Leña[Montealto], unha semana de actividades pola cultura libre e os espazos liberados; un laboratorio do social, da participación no público, impulsado por activistas de diferentes colectivos da cidade.
-
«…só dicir que é posible que isto sexa temporal; que todo quede nun intento inxenuo de explicitar a diferencia. Duas semanas de actividades e cultura nas que poder dicir que os cidadáns por fin non fomos asistidos. Que o movimento existe é está inmerso na cidade.
En todo caso, sempre será a montaxe inestable do sempre anhelado outro-mundo posibel.»
-
+info da inciativa en:
A Cultura Pre_O[k]upa | http://aculturapreokupa.blogaliza.org/
CMI Galiza | http://galiza.indymedia.org

Chuzame! A Facebook A Twitter

::éxodo MIG.PRE.COG fanzine |nº1| xaneiro 08::

formacion-continua-litle.png[PDF]parte1 |editorial
[PDF]parte2 |quen somos? |conto |crónica
[PDF]completo |functional format

-

«Una banda di rivoluzionari delusi [...] Ansiosi di comunicare… senza sapere come…»
Lavorare con lentezza [Ver]

-

Con escasa experiencia, e menos recursos materiais… presentamos o primeiro número do fanzine das cognitas.
[versión e-zine dispoñible para descarga directa desde o noso blogue e a biblioweb caosmosis].
Queres escribir ti o nº2?

-

Consumir preferiblemente antes de reciclar.

Chuzame! A Facebook A Twitter

::O medo téñeno eles::

fuck_police.jpgMeto a man no peto e penso na cantidade de veces que a madera fixo este mesmo xesto, no mesmo lugar onde agora a minha man procura ansiosa a herba que aderezará o tabaco.
A última vez estaba con Lucas, o meu compa de piso, foi hai poucas semanas, perto do bar, nunha noite de sábado. Sentados nun portal apurábamos un peta antes de volver a entrar.
.
-Sintoo rapaces, pero teredes que fumar iso fóra. Xa sabedes que a cousa está moi chunga desde o da redada do outro día- dixera Edu, o camareta.
.
Pola dereita achegábanse dous tipos vestidos de chaqueta un e sudadeira outro, debían ter trinta e poucos e non agardabamos que nos fosen a dar tal sorpresa.
.
-Documentación[Ler+]

Chuzame! A Facebook A Twitter

::Comunicado|Non ao estado de excepción permanente::

[Asina pola liberdade no blogue de solidariedade con Carlos Cela Seoane]
-
Os colectivos sociais da cidade da Corunha queremos manifestar, por em comúm da ciudadanía da Corunha, o seguinte manifesto, as seguintes impressons fruto da raiba e o desejo de liberdade, democracia e justiça para todas em geral e para Carlos em particular:
-
Raiva. Impotência. Indignaçom. Isso é o que sentimos hoje todos os que conhecemos a Carlos Cela. Todas as que estamos implicadas nos diversos projectos e movimentos sociais alternativos desta cidade.
Conhecemos a Carlos desde hai moitos anos[Ler+]

Chuzame! A Facebook A Twitter

::Autoformación i éxodo na Universidade-Empresa::

logotblogcognitas.jpg

[pdf en galego] Autoformación i éxodo na Universidade-Empresa

[pdf en castellano] Autoformación y éxodo en la Universidad-Empresa

-

Publicamos un artigo escrito para o nº2 da revista Transversal [http://www.nodo50.org/transversal/], e que contén parte das reflexións que animan a asemblea de precarias en formación. Reflexións, entre outras, sobre ese espectro que percorre boa parte dos campus europeos; a autoformación. Cómo axenciarse a potencia -de superación da conxelación identitaria dos saberes [e faceres], de subxetivación, etc.- das diversas experiencias de investigación-militante/investigación-acción parece ser o debate nos campus [sirva de exemplo este texto que sempre quixemos recuperar: Sobre o movimento estudantil compostelán ás portas dunha posible nova vaga movilizadora -do 05.11.2007 ]. Un debate que non é alleo á diversidade existente dentro da famila da militancia de investigación contemporánea.

-

Nunha selección de textos elaborada polos compas da biblioweb Caosmosis [ http://caosmosis.acracia.net/?cat=136] pódense atopar textos sumamente interesantes dalgúns dos colectivos que máis profundamente teñen experimentado diversas traxectorias de investigación activista.

Tamén referencia ineludible na materia é o libro Nociones comunes. Experiencias y ensayos entre investigación y militancia da editorial Traficantes de Sueños.

Chuzame! A Facebook A Twitter
  • Asemblea de precarias en formación

    A Corunha universidade-metrópole
    Creative Commons License
 
Olark Livehelp